25.Ago.2010 Sam 3 en Santiago de Compostela

Gato co rabo atado, de Sam 3 (Rúa da Fonte Sequelo)

Peregrino, de Sam 3 (Rúa das Orfas)

Peregrino, de Sam 3 (non recordo onde tirei a foto. A ver se me axudades…) [EDITADO] Está na Rúa das Ameas

Semella que despois do seu paso por Portugal Sam 3 tivo tempo para pasar por Compostela e deixarnos unhas cantas das súas coñecidas sombras.

Podedes ver algunha máis no seu blogue.

Perdoade pola calidade das imaxes, inda non tiña a cámara nova e están tiradas co móbil.

Compostela Skate 2010

Cartaz do Compostela Skate 2010 con Zapatones como personaxe central (obra de Mutante)

Cun pouco de retraso deixo constancia aquí da celebración en Santiago do Compostela Skate, un pequeno festival de cultura urbana que tivo lugar na cidade durante as festas da Ascensión.

O día 15 de maio de 2010 tivo lugar no Campus Vida da Universidade de Santiago unha mostra de cultura urbana na que se puido disfrutar de varias das súas manifestacións: break dance, BMX, hip hop (504, Tramaturgia, Hermano L e Kultama), skate e street art.

Belin en gran formato.

No tocante ó street art, que é o que nos interesa aquí, a acción centrouse no patio do I.E.S. Arcebispo Xelmírez I (Rúa Poza de Bar, s/n) e a maior atracción era ver a Belin (Linares, España) cos sprays na man (e abofé que pagou a pena).
Nos muros arredor do patio e en paneis de madeira dispostos para a ocasión tamén puidemos ver graffitis de Seko (Pontevedra), Talada (Santiago), Osiris (Santiago), Meos (Vigo), Nana (Ordes), La gripe (Lugo), Concepto Circo: Bona, Yoe e Snijer (Lugo), Aiser (A Coruña), DKTC (Ordes), Zero (Santiago), Ongos (Santiago), Miss 7 (Ourense), Poch (Ponferrada) e Gum (Ordes) [e fixo que algún outro que non estaba na listaxe].

Nos estilos temos de todo: underground, realismo, clásico, cousas máis modernas… só spray, combinando técnicas, con stencils, etc. Calidade moi variada pero inda hai un par de eles interesantes e algún outro que apunta maneiras. Tamén hai algunha foto de obras anteriores e que están na calexa que vai da Rúa Poza de Bar ó Campus, xusto de lado do instituto.

O evento estivo organizado pola Concellería de Xuventude e Festas do Concello de Santiago de Compostela ca colaboración da xente de Cultura Urbana.

A galería no interior do artigo. Read more ›

Comentarios desactivados en Compostela Skate 2010

15.Mai.2010 Stencils en Porto

Muller núa a puntos de Blast (Porto, Portugal)

Estiven un par de veces en Porto (dúas para asistir ó Fantasporto e unha ca miña namorada) e é unha desas cidades nas que o arte urbano e especialmente os moldes están por todas partes. O rico patrimonio da cidade e o seu descuido fan de Porto un sitio idóneo para que agromen estas formas de expresión.

Os motivos repártense case a partes iguais entre os artísticos e os de denuncia político ou social. A maioría son anónimos inda que hai algúns de artistas como WIP, Blast, Simples, Oker, The Royal Fish Club ou DHEO (algúns dos seus primeiros tempos)

As fotos desta galería foron tomadas durante o transcurso do Fantasporto de 2008.

If you miss Salazar, there is just one way to join him (Porto, Portugal)

A galería, no interior do artigo. Read more ›

12.Mai.2010 El Tono e o MUAU


El Tono en acción na Coruña (2010)

E outra vez me entero por un blogue de Nova York de algo que pasa a menos de 100 Km da miña casa.
En Vandalog fanse eco do artista francés residente en Madrid El Tono, un dos que exporá o seu traballo no MUAU da Coruña (evento que tamén descubro nese blogue).

El Tono realizou unha obra interactiva que consistiu nuns paneis pintados de branco e colocados como parte de espazos abandonados para que os peóns foran modificáondoos, raiándoos. Eses mesmos paneis son os que máis tarde se expoñen no museo.


Peóns participando sen sabelo na obra de El Tono

E que é o MUAU? Pois o MUAU é o Museo Urbano de Arte Urbana da Coruña, un evento arredor da arte efímera que, ademáis de exposición de arte, ten un programa de actividades sobre todo o que hai arredor deste movemento.
Como a propia arte da que trata o evento é efémero e ten lugar do 6 de abril ó 27 de xuño de 2010.

Comentarios desactivados en El Tono e o MUAU

26.Abr.2010 The Cement Eclipses de Isaac Cordal

Climate change expedition. Instalación Urbana. Hackney, Londres. abril 2009. Climate change expedition. Instalación Urbana. Hackney, Londres. abril 2009.

Este mundo no que vivimos é así. Teño que descubrir polo blogue neoyorkino The Wooster Collectives o último traballo de Isaac Cordal (1974, Pontevedra), Cement Eclipses.

Cement eclipses nunha praia de Galiza (decembro de 2009 – xaneiro de 2010)

Isaac Cordal é un artista multidisciplinar e neste proxecto mistura mini-escultura con fotografía e instalación. A obra consiste nunha serie de pequenas esculturas de cemento que Isaac coloca nas máis diversas localizacións e logo fotografía, intentando amosar a relación do ser humano co seu entorno.

Comentarios desactivados en The Cement Eclipses de Isaac Cordal

14.Abr.2010 Citas I

“Estou pensando en deixar o mundo do arte. Quero facer algo un chisco máis creativo.” (Banksy)

(vía: o Twitter de Marc “Wooster Collective” Schiller)

Comentarios desactivados en Citas I

14.Xan.2010 Non deixedes de mirar as paredes (II)

Máis unha nova entrega desas fotos que traen os meus amigos das súas viaxes. Porque xa sabedes que os meus amigos acórdanse de min cando vén algo pintado ou pegado nas paredes.

No 2008 Pablo e Vir foron a Chicago (EUA) a unha voda e do parque Lincoln trouxéronme este sinxelo molde dun cartoon con cara de boxeador.



Molde de cara estilo cartoon (Chicago, EUA)

Esta parella viaxeira tamén para moito pola capital do Imperio Pequeno, e de alí trouxéronme estas tres mostras da súa última visita en 2009.



“O seu control é a súa seguridade” de Frágil, Calle Embajadores (Madrid, España)

A finais do ano pasado os artistas Frágil, E1000ink, Ring e Sakristán encheron as rúas do madrileño barrio de Lavapies ca súa arte (colados e graffitis) para protestar pola instalación de cámaras de videovixilancia.
Este é o texto que escribiu Frágil para a ocasión:

¡50 nuevas cámaras velan por su seguridad!

Nos espeta en la cara el ayuntamiento mientras los medios de comunicación cacarean de gozo asintiendo conformes. Nosotros los ciudadanos (al parecer) aplaudimos complacidos, nos sentimos mas seguros y consumimos más. Además agradecemos al magnánimo concejo concedernos nuestros ruegos a esta escala monumental.

Y pensando en todo esto uno no puede evitar imaginar al mediatico señor alcalde como maestro de ceremonias presentando su creación, ataviado de jefe de pista, sombrero de copa, chaleco, y adornado de dorado, anunciando a voz en grito:

¡Adelante, Adelante! ¡Bienvenidos damas y caballeros, al maravilloso mundo ideal, crucen sin miedo la puerta hacia el reino de la felicidad, dejen sus sombreros colgados del perchero y acomoden sus vidas a la ciudad mágica del control!

¡Aquí sus sueños son los nuestros y nosotros velamos por que se hagan realidad, les aseguramos el éxito, ante todo… material. Deje de lado las procupaciones, pensaremos por usted, no existe el miedo en este lugar aquí reina la normalidad, encienda su televisor y disfrute de las vistas!! Está usted gozando del gran circo consumista!

Y es que en este mundo reluciente, libre e inmediato, el espectaculo orweliano debe continuar, aquí la guerra es la paz, la libertad es la esclavitud, la ignorancia es la fuerza y por supuesto, su control es su seguridad.”

Para saber máis e ver máis imaxes daquela acción: Escrito en la pared, Alberto de Pedro.



Chimpancé pensando de NOAZ, molde en Calle de Augusto Figueroa (Madrid, España)


Can negro, en vinilo? (Madrid, España)

E ata aquí chega esta nova entrega de “Non deixedes de mirar as paredes”. Agardo que os meus amigos sigan viaxando e atopándo máis mostras de arte urbana.

Ultimate Street Art



Este libro de portada tan pouco atractiva foi o regalo que me fixeron os meus amigo polo meu cumpreanos. Editado polo Instituto Monsa de Ediciones (editorial catalá adicada á arte moderna en todas as súas formas) o libro é un xenial compendio de fotografías de arte urbano (graffitis, moldes, pegatinas, tags, etc.) do último que se pode atopar por Barcelona ou Nova York.

Aquí o que din do libro os de Monsa na súa páxina web: “O Street Art está en todas partes. É case imposíbel por calquera cidade do mundo occidental sen atoparnos cun sticker ou un ‘tag’ ó noso paso. Tralo Boom dos últimos tres anos o fenómeno Street Art, pouco a pouco, vai posicionándose dentro da arte contemporánea, pasando de ser unha xigantesca exposición de arte ó aire libre a ser unha exposición engaiolada entre as catro paredes das galerías de arte.
Neste libro imos amosar o último que podemos atopar se paseamos polas rúas das dúas capitais por antonomasia dentro da escena da arte urbana actual: Barcelona e Nova York.”

Título: Ultimate Street Art. A celebration of graffiti and urban art
Editorial: Instituto Monsa de Ediciones
Idioma: castelán e inglés
Encadernación: cartoné
Formato: 19 x 25 cm.
Páxinas: 480
Papel: couche 150 gr.

Eu persoalmente espero que o Street Art nunca abandone as rúas nen o seu caracter efémero.

Comentarios desactivados en Ultimate Street Art

26.Dec.2009 O último en Santiago de Compostela



A hora do té, asinado por “eu” (nunha calexa na Fonte de Santo Antonio)

Xa leva varios e meses e tamén fai algún tempo que lle tirei a foto, a ver se a próxima vez non tarda tanto en chegar da rúa ó blogue.

Colorista, surrealista e cotidiana, este graffiti está do lado do Bar *M, na Fonte de Santo Antonio. Está asinado por “eu” (así que podería ser calquera) e así de primeiras non me soa de ter visto nada antes asinado desta forma. Con esta calidade e colorido esperamos seguir vendo máis obras deste artista.

Non sei se é cousa miña, pero cada vez vexo menos arte urbano por Santiago e inda menos de mediano-grande formato, como o da imaxe. Falta de artistas? Falta de espazos? Limpeza dende o Concello e os veciños?

Bathroom Graffiti Project


Molde de flor no baño de cabaleiros do Pub O Patachim (A Coruña)

Este blogue vai de arte urbana, de arte nas rúas, mais de vez en cando farei algunha excepción para amosar outros recunchos onde os artistas deixan as súas pegadas fóra das rúas.

Un deses sitios onde sempre se poden atopar pequenas (ou grandes) mostras de arte son os cuartos de baño e os aseos de locais públicos (maioritariamente pubs e discotecas). Antes, despois ou durante do chamado “descanso do guerreiro” e axudado polos efluvios alcohólicos e a noite, o artista deixa a súa sinatura (alén de parte del).

O máis común son as expresión escritas, mais por común eu non lles vou prestar moita atención. Tamén podemos atopar pegatinas, debuxos a rotulador e máis raramente cousas con spray ou outras formas. Inda que a maioría soen ser sinxelos (a cola sempre manda) podemos atopar cousas realmente elaboradas.

Sei que moitos estades ó tanto deste tipo de traballo, pero que tampouco é para tanto nin para adicarlle tempo algún. Por iso traio aquí o Bathroom Graffiti Project, un proxecto que invita a xente de todo o mundo a engadir calquera mostra de graffiti de baño que atopen. Como eles mesmos din, as pintadas nos baños son “un medio de comunicación que nin China pode censurar” [ler o manifesto]. Inda que o Bathroom Graffiti Project rematou fai algún tempo como tal a xente non deixa de sumar os seus achádegos [aquí podedes ver os meus].

Os artistas urbanos nunca descansan e aproveitan calquera espazo, calquera curruncho (por pequeno ou imposíbel que poida parecer) para deixar a súa marca.

E agora vén a pregunta: Onde se atopan as mellores pintadas, no baño de cabaleiros ou no de señoras?

Comentarios desactivados en Bathroom Graffiti Project