25.Out.2010 Sam 3 ao grande en Santiago. A galería


As sombras de Sam 3 na “medianera” na rotonda entre Romero Donallo e Rosalía de Castro (Santiago)

O prometido é debido, así que aquí tedes as sombras que Sam 3 realizou nos restos deste edificio nun dos lugares máis concorridos do Ensanche, na entrada do Campus Vida.

E dentro a galería completa e con detalles. Read more ›

Comentarios desactivados en Sam 3 ao grande en Santiago. A galería

Street Art. The Graffiti Revolution

RJ, do blogue Vandalog, recomendaba Street Art. The Graffiti Revolution como un dos mellores libros sobre o street art. E os menos de 11 ouros que custa paréceme un bo prezo para o que de momento parece un libro ben completo.

O street art é un fenómeno global, unha das máis populares e ampliamente discutidas áreas da creación artística na escena actual. Levando máis aló a tradición do graffiti da década de 1980 chegou agora ó público xeral através do traballo de artistas como Banksy e Futura 2000, a ser o tema dos libros máis vendidos e a liderar os prezos máis altos nas poxas.
Seguíndolle a pista á esta revolución visual, dende as pinturas nas covas ata a efervescente arte que aparece hoxe nos muros de Londres, Los Angeles, Madrid e São Paolo (sic), a incisiva e entretida listaxe de Cedar Lewisohn está ilustrada de forma soberbia con máis de 120 fotografías a cor de street art de todo o mundo. Cun prólogo do lendario xenio do graffiti de Nova York Henry Chalfant, inclue entrevistas con sobresaintes defensores do street art das tres últimas décadas, levando ó lector detrás das súas ‘tags’ para atopar as a miudo misteriosas figuras que están trasformando cidades arredor do mundo. Entre os artistas destacados inclúense Lady Pink, Lee Quinones, Blek le Rat, Miss Van, Barry McGee (Twist), Shepard Fairey (Obey), Futura 2000, Malcolm McLaren e Os Gêmeos.

Un libro cheo de textos interesantes e imaxes xeniais.

Título: Street Art. The Graffit Revolution
Editorial: Tate Publishing
Idioma: Inglés
Encadernación: Paperback
Formato: 27’18 x 21’34 cm
Páxinas: 160
Papel: couche

Comentarios desactivados en Street Art. The Graffiti Revolution

23.Out.2010 The Art Street Journal: issue II


O “Temple” de Faile na portada do issue II

A semana pasada chegou o novo número de The Art Street Journal (tasj). Desta volta, en vez de recoller o que pasou ultimamente no mundo do street-art céntrase máis no que hai detrás e nos arredores (de aí o título de Backstage: Part I)

Este número inclue entrevistas realmente interesantes con: Jacob Samuel (maestro impresor e fundador de Edition Jacob Samuel), Martyn Reed (fundador do Nuart Festival), Sonja Teri (empresaria de medios de comunicación e dona da galería on-line Poster Child Prints), Mark Jenkins (artista e comisario invitado de Les Grandes Traversées Interactive Design/ Art Festival), Stefan Simchowitz (creador de Portugal Arte), Marc e Sara Schiller (creadores do blogue Wooster Collective e co-autores do libro Trespass. A history of Uncommissioned Urban Art), Angelo Milano (fundador do Fame Festival) e Rae McGrath (dono da Brooklynite Gallery)
Ademáis de un calendario de exposicións, un repaso ás últimas poxas, revistas, libros, miscelánea…

Moi inspirador para xente que coma min, que non teñen ningún tipo de habilidade artística, pero gustan do street-art.

E é de balde!

Comentarios desactivados en The Art Street Journal: issue II

Os que faltaban do DesOrdes Creativas 2010


A casa dos contos de Nana e Sokram (Ordes, A Coruña) Foto do blogue DesOrdes Creativas

Na listaxe do outro día faltaban dous murais: un de Nana e Sokram e outro de Potaje & Jul. Xa os podedes ver en detalle no blogue de DesOrdes.

(Vía: o Twitter de Mutante Creativo)

Comentarios desactivados en Os que faltaban do DesOrdes Creativas 2010

emecé goes stencil in Birmingham, Alabama

Fuck loud and make noise

O publicista e deseñador gráfico galego que se “agocha” baixo o alcume de emecé fixo esta versión do coñecido “Keep calm and carry on”.

fuck loud

O artista estadounidense nvrlookback fixo un stencil co deseño de emecé en Birminghan, Alabama (EUA)

Así de rápido e así de sinxelo! Viva o Creative Commons!

E Fuck loud and make noise!!

(Vía: o Twitter de emecé)

[EDITADO]

Pegatina co ‘Fuck loud and make noise” de emecé (Madrid?) Foto de: Berlinmeinelieb

(Vía: Retweet de emecé dun tweet de Berlinmeinelieb)

02.Out.2010 Desordes Creativas 2010

Xa é un pouco tarde, mais penso que non está de máis poñelo por aquí.

Está unha historia de internet, na que entre varias persoas vaise completando a información.

Todo comeza, para min, no blogue de Carlos, el rojo, A desgana, no que o autor queda chocado cun graffiti de grande formato en Ordes (que máis tarde, gracias a un comentario, sabemos que é obra de LIQEN)

LIQEN en Ordes. Fotos de Carlos, el rojo

Mais a cousa non morreu aí. Por un retweet (RT) feito por Manuel del Río (@odeleandro) dun tweet de @sokramsoke descúbreseme que o de LIQEN é só unha “pequena” parte dalgo máis grande: o DesOrdes Creativas 2010, un certame de arte na rúa que se celebra en Ordes co obxectivo de encher de vida e cores a vila.

Ademáis de LIQEN deixaron a súa arte nas paredes de Ordes: Pelucas, Osiriss, TalosGum, Sekone, Mutante, Silc, Shock, Spen, Nakem e Nash, Bluemouse, Etsueña, Mus e Rome.

Mural obra do dúo Mutante, foto do blogue do DesOrdes Creativas

Todas as obras e localizacións aquí.

Parabéns ós organizadores, Sokram e Mou de Mutante e para os apoios de Montana Colors e o Concello de Ordes.

Comentarios desactivados en Desordes Creativas 2010

11.Set.2010 Sam 3 ao grande en Santiago… proximamente

DSC08349

Sen dúbida moitos xa tedes localizado o edificio da imaxe (obra de Sam 3), pois en breve teredes por aquí unha reportaxe fotográfica sobre a nova apariencia que lle deu Sam 3 a estas paredes ruinosas.

Mentres podedes ir abrindo boca ca colaboración de Sam 3, Liqen e Doa en Pontevedra.

Comentarios desactivados en Sam 3 ao grande en Santiago… proximamente

10.Set.2010 As Meninas de Canido

O pasado sábado 4 de setembro tivo lugar no barrio de Canido (Ferrol) a III edición das Meninas de Canido, un evento artístico organizado por Eduardo Hermida arredor do cadro de Velázquez Las Meninas e no que participaron 200 artistas co obxectivo de adobiar o devaluado barrio ferrolán.

Entre os artistas, profesionais e afeccionados, atopábanse: Moncho Borrajo, Deli Sánchez, Laura Sánchez, Manuel López, Antonieta García, Pablo Limorte, Maribel Garrote, Rosa Fernández, etc.

Unha xenial iniciativa cunha gran acollida, tanto entre os veciños como na administración local. Esperemos que dure moitos anos, busque novas formas e siga apostando pola mistura de profesionais e afeccionados.

A ver se para o próximo ano entérome con tempo e podo facer unha ampla reportaxe do evento. Desta volta terei que conformarme con facer unha excursión a Ferrol e fotografiar os traballos xa rematados.

Dende este recuncho da internet parabéns a Eduardo Hermida e ó barrio de Canido.

A nova en Galicia Hoxe.

O grupo en Facebook.

Comentarios desactivados en As Meninas de Canido

Longametraxe de animación dos Gêmeos

Algún día teño pendente falar destes dous artistas irmáns xemelgos brasileiros que están deixando pampa á malta alá por onde van. Pero hoxe non é o día, e só traio aquí unha pequena mostra dalgo un pouco alonxado da arte urbana, pero que será a súa primeira longametraxe de animación.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/LrtYv7pPQ2g" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Visto en Vandalog.

Comentarios desactivados en Longametraxe de animación dos Gêmeos

The Art Street Journal

Portada do último número (vol II)

Como ben explican na páxina web “The Art Street Journal (tasj) é unha publicación de arte internacional que se envía por correo e sen costo dende a nosa base en Los Angeles, California, a fogares, museos, galerías, cafés, tendas de arte, librarías, escolas e outras localizacións arredor do mundo.”

The Art Street Journal é obra de Seth e Elisa Carmichael (donos da Carmichael Gallery, en Los Angeles) e no seu xornal podemos atopar unha mostra bastante ampla do último en arte urbano arredor do mundo: as poxas, os inchábeis de M-City, o EuroTrash, Viva La Revolucion, as figuras de cerámica de Yoshitomo Nara, libros, Ben Eine e moitos moitos outros.

O xornal preséntase en formato xornal tradicional ca maioría das páxinas en branco e negro, inda que cada vez hai máis páxinas a cor, incluidas a portada e a contraportada (inda que neste número coincide que as imaxes orixinais de portada e contraportada son en branco e negro).

Hoxe en día, ca inmediatez, calidade e ubicuidade da internet é moi sinxelo estar minimamente informado do que pasa no mundo da arte urbana. Eu sigo tres blogues que cubren con creces as miñas necesidades de coñecemento: Wooster Collective (Nova York) Stick2Target (Lisboa) e Vandalog (EU) [neste último é onde vin a referencia a tasj]. Mais The Art Street Journal é un bo recompilatorio do último no mundo da arte urbana, inda gustamos de ler alonxados do computador e é de balde.

Agardamos con expectación o próximo número.

Thanks people for a great job!

Comentarios desactivados en The Art Street Journal