04.Ago.2009 Street Art en Aquisgrán


Home dourado sentado

Estou de vacacións en Renania do Norte-Westfalia, visitando á miña moza, así que imos empezar cunha mostra do que vou atopando por aquí.

Aquisgrán (Aachen/Aix-la-Chapelle) é unha cidade universitaria polo que en verán está chea de turistas que visitan a pequena catedral levantada por Carlomagno e outros dos seus interesantes edificios.

A maioría das pezas que levo fotografiadas de momento son pegatinas, algún molde e esa curiosa figura da foto de enriba. E pouco máis que resaltar, agás algunha pegatina escrita en relieve. A temática é variada e hai de todo, dende seareiros de futbol ata os que non se esquecen dos nazis.

Poucas cousas recoñecíbeis. Algunha pegatina do alemán KEF!, unha serie de pegatinas con imaxes de suicidios coa palabra SICKS dun artista viaxeiro e algunha pegatina da tenda local de skate e snowboard Burn (aquí podedes baixar os deseños).

Álbume Street Art en Aquisgrán

Comentarios desactivados en Street Art en Aquisgrán