19.Dec.2010 Búscase dono para gatiños

O outro día o administrador de blogaliza (o servizo de blogues de balde onde se aloxa SCQ Street Art) deixaba un comentario non que ligaba con Google Maps a esta parede que vedes na imaxe, na Rúa da Quintela (Vigo).

A verdade que os gatos parécense bastante ós que fixo Sam 3 en Porto e en Santiago de Compostela, así que directamente pregunteille se os fixera na viaxe de verán.

E isto foi o que me respondeu Sam 3:

no estuve en vigo este verano…
me temo que mis gatos estan peor dibujados, 🙂
ciao

Así que hai que seguir buscando dono para estes gatiños. Alguén sabe algo?

Comentarios desactivados en Búscase dono para gatiños