22.Nov.2010 Moldes de Lois Pereiro por todo Vigo

Un dos moldes ca imaxe do poeta na Praza da Princesa, Vigo (foto de Sonia Daponte para Xornal de Galicia)

A principio de mes apareceron varios moldes como o que vedes na imaxe por todo Vigo.

Os stencils están feitos a partir dunha coñecida foto de Vari Caramés do poeta Lois Pereiro (1958 – 1996) e que o próximo ano será homenaxeado no Día das Letras Galegas.

En Xornal podedes ver imaxes do molde en Praza da Princesa, Calexa de Núñez ou entre Lepanto e Irmandiños.

Se atopades algún máis non dubidedes en tirarlle unha foto e enviarma a ifrit (a) sonche.eu Gracias!

Vía: Retweet de sihomesi de autonauta

Comentarios desactivados en Moldes de Lois Pereiro por todo Vigo