25.Out.2010 Códigos QR, El cosmonauta e Banksy


Stencils de códigos QR nas taquillas da filmotéca de Madrid

Onde outros ven problemas, plaxio e falta de ética a xente de El cosmonauta (un filme Creative Commons financiado co sistema do crow-founding e que está a cuestionar a actual forma de facer cinema) ve unha oportunidade.

Coido que a discusión de se as pintadas son arte ou só vandalismo veñen dende que comezamos a pintar nas covas. Ademáis neste caso a xente de El cosmonauta teñen pouco que ver, pois os stencils son obra dun grupo anónimo de graffiteiros.

No seu blogue podedes saber máis desta historia sobre códigos en stencils que levan a páxinas web, realidade aumentada, activismo, entrevistas e como rematou formando parte da Banksy Urban Experience (organizada por Avalon) e que promociona o filme Exit Through The Gift Shop, do propio Banksy.

O vídeo ca entrevista e as imaxes dentro do artigo.

Tamén hai polémica ca organizacion da Banksy Urban Experience.

Comentarios desactivados en Códigos QR, El cosmonauta e Banksy