25.Out.2010 Street Art. The Graffiti Revolution

RJ, do blogue Vandalog, recomendaba Street Art. The Graffiti Revolution como un dos mellores libros sobre o street art. E os menos de 11 ouros que custa paréceme un bo prezo para o que de momento parece un libro ben completo.

O street art é un fenómeno global, unha das máis populares e ampliamente discutidas áreas da creación artística na escena actual. Levando máis aló a tradición do graffiti da década de 1980 chegou agora ó público xeral através do traballo de artistas como Banksy e Futura 2000, a ser o tema dos libros máis vendidos e a liderar os prezos máis altos nas poxas.
Seguíndolle a pista á esta revolución visual, dende as pinturas nas covas ata a efervescente arte que aparece hoxe nos muros de Londres, Los Angeles, Madrid e São Paolo (sic), a incisiva e entretida listaxe de Cedar Lewisohn está ilustrada de forma soberbia con máis de 120 fotografías a cor de street art de todo o mundo. Cun prólogo do lendario xenio do graffiti de Nova York Henry Chalfant, inclue entrevistas con sobresaintes defensores do street art das tres últimas décadas, levando ó lector detrás das súas ‘tags’ para atopar as a miudo misteriosas figuras que están trasformando cidades arredor do mundo. Entre os artistas destacados inclúense Lady Pink, Lee Quinones, Blek le Rat, Miss Van, Barry McGee (Twist), Shepard Fairey (Obey), Futura 2000, Malcolm McLaren e Os Gêmeos.

Un libro cheo de textos interesantes e imaxes xeniais.

Título: Street Art. The Graffit Revolution
Editorial: Tate Publishing
Idioma: Inglés
Encadernación: Paperback
Formato: 27’18 x 21’34 cm
Páxinas: 160
Papel: couche

Comentarios desactivados en Street Art. The Graffiti Revolution