02.Out.2010 Desordes Creativas 2010

Xa é un pouco tarde, mais penso que non está de máis poñelo por aquí.

Está unha historia de internet, na que entre varias persoas vaise completando a información.

Todo comeza, para min, no blogue de Carlos, el rojo, A desgana, no que o autor queda chocado cun graffiti de grande formato en Ordes (que máis tarde, gracias a un comentario, sabemos que é obra de LIQEN)

LIQEN en Ordes. Fotos de Carlos, el rojo

Mais a cousa non morreu aí. Por un retweet (RT) feito por Manuel del Río (@odeleandro) dun tweet de @sokramsoke descúbreseme que o de LIQEN é só unha “pequena” parte dalgo máis grande: o DesOrdes Creativas 2010, un certame de arte na rúa que se celebra en Ordes co obxectivo de encher de vida e cores a vila.

Ademáis de LIQEN deixaron a súa arte nas paredes de Ordes: Pelucas, Osiriss, TalosGum, Sekone, Mutante, Silc, Shock, Spen, Nakem e Nash, Bluemouse, Etsueña, Mus e Rome.

Mural obra do dúo Mutante, foto do blogue do DesOrdes Creativas

Todas as obras e localizacións aquí.

Parabéns ós organizadores, Sokram e Mou de Mutante e para os apoios de Montana Colors e o Concello de Ordes.

Comentarios desactivados en Desordes Creativas 2010