10.Set.2010 As Meninas de Canido

O pasado sábado 4 de setembro tivo lugar no barrio de Canido (Ferrol) a III edición das Meninas de Canido, un evento artístico organizado por Eduardo Hermida arredor do cadro de Velázquez Las Meninas e no que participaron 200 artistas co obxectivo de adobiar o devaluado barrio ferrolán.

Entre os artistas, profesionais e afeccionados, atopábanse: Moncho Borrajo, Deli Sánchez, Laura Sánchez, Manuel López, Antonieta García, Pablo Limorte, Maribel Garrote, Rosa Fernández, etc.

Unha xenial iniciativa cunha gran acollida, tanto entre os veciños como na administración local. Esperemos que dure moitos anos, busque novas formas e siga apostando pola mistura de profesionais e afeccionados.

A ver se para o próximo ano entérome con tempo e podo facer unha ampla reportaxe do evento. Desta volta terei que conformarme con facer unha excursión a Ferrol e fotografiar os traballos xa rematados.

Dende este recuncho da internet parabéns a Eduardo Hermida e ó barrio de Canido.

A nova en Galicia Hoxe.

O grupo en Facebook.

Comentarios desactivados en As Meninas de Canido