10.Set.2010 The Art Street Journal

Portada do último número (vol II)

Como ben explican na páxina web “The Art Street Journal (tasj) é unha publicación de arte internacional que se envía por correo e sen costo dende a nosa base en Los Angeles, California, a fogares, museos, galerías, cafés, tendas de arte, librarías, escolas e outras localizacións arredor do mundo.”

The Art Street Journal é obra de Seth e Elisa Carmichael (donos da Carmichael Gallery, en Los Angeles) e no seu xornal podemos atopar unha mostra bastante ampla do último en arte urbano arredor do mundo: as poxas, os inchábeis de M-City, o EuroTrash, Viva La Revolucion, as figuras de cerámica de Yoshitomo Nara, libros, Ben Eine e moitos moitos outros.

O xornal preséntase en formato xornal tradicional ca maioría das páxinas en branco e negro, inda que cada vez hai máis páxinas a cor, incluidas a portada e a contraportada (inda que neste número coincide que as imaxes orixinais de portada e contraportada son en branco e negro).

Hoxe en día, ca inmediatez, calidade e ubicuidade da internet é moi sinxelo estar minimamente informado do que pasa no mundo da arte urbana. Eu sigo tres blogues que cubren con creces as miñas necesidades de coñecemento: Wooster Collective (Nova York) Stick2Target (Lisboa) e Vandalog (EU) [neste último é onde vin a referencia a tasj]. Mais The Art Street Journal é un bo recompilatorio do último no mundo da arte urbana, inda gustamos de ler alonxados do computador e é de balde.

Agardamos con expectación o próximo número.

Thanks people for a great job!

Comentarios desactivados en The Art Street Journal