12.Dec.2009 Non deixedes de mirar as paredes

Os que me coñecen xa están acostumados a que canda catro pasos pare a tirarlle unha foto a unha pegatina, unha pintada, un graffiti, calquera cousa que vexa nunha parede, unha farola ou nun sinal. E por iso, cando van de viaxe polo mundo acórdanse de min mirando as paredes e demáis. Bonito, va que si?

Mariño estivo de viaxe por Polonia e Ucrania no verán do 2007. E de Ucrania me trouxo estas tres mostras de arte urbano:



Moldes de caras e letras en varias cores nunhas portas metálicas. Fai clic na imaxe para ver as traducións. (Lviv, Ucraína)



Parella de vellos nun mural feito ca técnica clásica da cuadrícula para copiar fotografías e outras imaxes. Fai clic na imaxe para ver a tradución (Lviv, Ucraína)



The Lovers de René Magritte (Lviv, Ucraína)

Este verán Antonio estivo por Mali e de alí tróuxome estes dous recordos das paredes. Concretamente da cidade de Tumbuctu.



Molde ó máis puro estilo Che Guevara. Que ou quen será B. Laraw? (Tumbuctu, Mali)



Pegatina do movento civil estadounidense Move On. Alguén en Tumbuctu tamén se fixo eco da vitoria de Barack Obama (Tumbuctu, Mali)

Esta é unha primeira mostra do que os meus amigos van atopando polo mundo adiante nas súas viaxes. Porque non hai recuncho no mundo onde non se pinte nas paredes e similares.

Comment Pages

There are 3 Comments to "Non deixedes de mirar as paredes"

  • briaxis di:

    Moi boas fotos!

    Por certo, teño algunha proposta de interpretación para as dúas primeiras.

    A primeira delas é realmente interesante, pola inflación semántica: tantos símbolos en tan pouco espazo. O home das caras é Tarás Shevchenko, o poeta nacional ucraíno, e esa imaxe en concreto procede do máis coñecido dos seus autorretratos (amais de poeta, Shevchenko era pintor). Ao ampliar a foto, pódese ler baixo cada cara a frase “ЗНАЙДИ СВІЙ ШЛЯХ” (“BUSCA O TEU CAMIÑO”). No centro á esquerda, en pintura branca, está escrito “НЕ ПОПСУЙ УКРАЇНУ” (“NON FAGAS MAL”, “NON PREXUDIQUES” ou, algo máis literario “NON TRAIZOES Á UCRAÍNA”) e o símbolo contiguo é unha variante moi estilizada, mais aínda recoñecíbel, do “tryzub”, o emblema nacional Ucraíno, un anagrama medieval da palabra “volia” (“liberdade”) atopado nas moedas da época do príncipe Volodimir o Grande. No ángulo inferior esquerdo, tamén en branco, di “SÉ” ou “FAITE FORTE” (“БУДЬ СИЛЬНИМ”). No centro á dereita, en negro, a pregunta “ХТО ТИ?”, “QUEN ES TI?” e, debaixo, “ГОДІ ЗВОЛІКАТИ” (“ABONDA XA DE DUBIDAR”). Ao ampliar a imaxe reparei no embrullo amarelo abaixo á dereita: aínda que non o parece, é o nome do poeta, di “НАШ ШЕВЧЕНКО” (“O NOSO SHEVCHENKO”), e o “ш”/”sh” inicial de “Shevchenko” fúndese coas aspas que saen do cadrado en todas direccións.

    O seguinte graffiti foi algo máis complicado de traducir, e sospeito que se trate dunha cita, mais polo de agora non dei atopado a hipotética fonte. Son tres preguntas, aínda que o signo de interrogación ao final da primeira case non se ve. “Que é a compaixón?/ Unha maravillosa virtude que eleva o conxunto do xénero humano/ ao estatus de señor [“tsar”, rei, dominador] da natureza? [Ou] un defecto que aniña no fol da creación?”

    Creo que as dúas paredes están en Lviv, na Galicia ucraína (Halychyna). No caso da segunda, mesmo puiden comprobalo, pois ao buscar en google as primeiras frases atopei varias entradas de blogs ucraínos que localizan a inscrición na terraza do café Dzyga.

  • ifrit di:

    Eres un crack. Non me cansarei de dicilo.

  • Pablo Mariño di:

    Pois sí que eres un crack!!
    (O autor das fotos)