Archive for the "Outros" Category

11.Dec.2012 Adeus, Blogaliza. Ola, WordPress

Rhino in a Box, by Keeper en Los Angeles (imaxe da revista The Dirt Floor) É tempo de mudar. Blogaliza funcionou ben ata que deixou de funcionar. O novo enderezo para este blogue é http://scqstreetart.wordpress.com/

Comentarios desactivados en Adeus, Blogaliza. Ola, WordPress

14.Mar.2012 Tamén hai que mirar detrás dos muros

Safary e Nómada son dous artistas con moita actividade nos últimos meses en Compostela, fixo que tedes visto algún dos seus peixes ou árbores por aí adiante. Estes que vos traio aquí están nun valado de publicidade que puxo o bipartito en Xoan XXIII, a carón da biblioteca pública Ánxel Casal. No interior a galería […]

Comentarios desactivados en Tamén hai que mirar detrás dos muros

06.Mar.2012 Compostela supura arte

A arte en Compostela non só está na chuvia (moi escasa este ano) e nas pedras, tamén está nas paredes e calquera outra superficie na que se poida debuxar. A escollida neste ocasión foron as láminas de fimapán que usan nas obras de restauración dun pazo da Rúa Casas Reais. Tres ou catro artistas adicáronse […]

Comentarios desactivados en Compostela supura arte

19.Dec.2010 Búscase dono para gatiños

O outro día o administrador de blogaliza (o servizo de blogues de balde onde se aloxa SCQ Street Art) deixaba un comentario non que ligaba con Google Maps a esta parede que vedes na imaxe, na Rúa da Quintela (Vigo). A verdade que os gatos parécense bastante ós que fixo Sam 3 en Porto e […]

Comentarios desactivados en Búscase dono para gatiños

The Street Art Stencil Book

Fai un par de semanas foi o meu cumpreanos e os meus amigos viaxeiros regaláronme este xenial libro. The Street Art Stencil Book é un mostra de moldes creados ex professo para o libro por algúns dos artistas máis famosos do mundo do street-art (Aiko, Alexandre Orion, Btoy, Bandit, Ben Frost, Blek Le Rat, Borf, […]

25.Out.2010 Exposición de Liqen en Porto

Cartaz da exposición de Liqen en Porto. O día 6 de novembro, ás 16:00, inaugúrase na galería ArtHobler de Porto (R/ Miguel Bombarda, 624 Non ten perda, que está a menos de 10 minutos andando de onde che deixa o Alsa), con petiscos e todo, unha exposición de Liqen, na que amosará o seu traballo […]

Códigos QR, El cosmonauta e Banksy

Stencils de códigos QR nas taquillas da filmotéca de Madrid Onde outros ven problemas, plaxio e falta de ética a xente de El cosmonauta (un filme Creative Commons financiado co sistema do crow-founding e que está a cuestionar a actual forma de facer cinema) ve unha oportunidade. Coido que a discusión de se as pintadas […]

Comentarios desactivados en Códigos QR, El cosmonauta e Banksy

Street Art. The Graffiti Revolution

RJ, do blogue Vandalog, recomendaba Street Art. The Graffiti Revolution como un dos mellores libros sobre o street art. E os menos de 11 ouros que custa paréceme un bo prezo para o que de momento parece un libro ben completo. O street art é un fenómeno global, unha das máis populares e ampliamente discutidas […]

Comentarios desactivados en Street Art. The Graffiti Revolution

23.Out.2010 The Art Street Journal: issue II

O “Temple” de Faile na portada do issue II A semana pasada chegou o novo número de The Art Street Journal (tasj). Desta volta, en vez de recoller o que pasou ultimamente no mundo do street-art céntrase máis no que hai detrás e nos arredores (de aí o título de Backstage: Part I) Este número […]

Comentarios desactivados en The Art Street Journal: issue II

10.Set.2010 As Meninas de Canido

O pasado sábado 4 de setembro tivo lugar no barrio de Canido (Ferrol) a III edición das Meninas de Canido, un evento artístico organizado por Eduardo Hermida arredor do cadro de Velázquez Las Meninas e no que participaron 200 artistas co obxectivo de adobiar o devaluado barrio ferrolán. Entre os artistas, profesionais e afeccionados, atopábanse: […]

Comentarios desactivados en As Meninas de Canido