Archive for the "Cidades" Category

14.Mar.2012 Tamén hai que mirar detrás dos muros

Safary e Nómada son dous artistas con moita actividade nos últimos meses en Compostela, fixo que tedes visto algún dos seus peixes ou árbores por aí adiante. Estes que vos traio aquí están nun valado de publicidade que puxo o bipartito en Xoan XXIII, a carón da biblioteca pública Ánxel Casal. No interior a galería […]

Comentarios desactivados en Tamén hai que mirar detrás dos muros

06.Mar.2012 Compostela supura arte

A arte en Compostela non só está na chuvia (moi escasa este ano) e nas pedras, tamén está nas paredes e calquera outra superficie na que se poida debuxar. A escollida neste ocasión foron as láminas de fimapán que usan nas obras de restauración dun pazo da Rúa Casas Reais. Tres ou catro artistas adicáronse […]

Comentarios desactivados en Compostela supura arte

22.Nov.2010 Non deixedes de mirar as paredes (III)

O popular molde ca frase de Roberto Galán na Avenida Buenos Aires (Santa Cruz de Tenerife, España) Sei que está sección chámase “Amigos de viaxe”, pero nela tamén hai sitio para xente que non está precisamente de viaxe, senon máis ben que pertencen a eses milleiros de galegos que teñen que emigrar para atopar traballo. […]

11.Set.2010 Sam 3 ao grande en Santiago… proximamente

Sen dúbida moitos xa tedes localizado o edificio da imaxe (obra de Sam 3), pois en breve teredes por aquí unha reportaxe fotográfica sobre a nova apariencia que lle deu Sam 3 a estas paredes ruinosas. Mentres podedes ir abrindo boca ca colaboración de Sam 3, Liqen e Doa en Pontevedra.

Comentarios desactivados en Sam 3 ao grande en Santiago… proximamente

25.Ago.2010 Sam 3 en Santiago de Compostela

Gato co rabo atado, de Sam 3 (Rúa da Fonte Sequelo) Peregrino, de Sam 3 (Rúa das Orfas) Peregrino, de Sam 3 (non recordo onde tirei a foto. A ver se me axudades…) [EDITADO] Está na Rúa das Ameas Semella que despois do seu paso por Portugal Sam 3 tivo tempo para pasar por Compostela […]

Compostela Skate 2010

Cartaz do Compostela Skate 2010 con Zapatones como personaxe central (obra de Mutante) Cun pouco de retraso deixo constancia aquí da celebración en Santiago do Compostela Skate, un pequeno festival de cultura urbana que tivo lugar na cidade durante as festas da Ascensión. O día 15 de maio de 2010 tivo lugar no Campus Vida […]

Comentarios desactivados en Compostela Skate 2010

15.Mai.2010 Stencils en Porto

Muller núa a puntos de Blast (Porto, Portugal) Estiven un par de veces en Porto (dúas para asistir ó Fantasporto e unha ca miña namorada) e é unha desas cidades nas que o arte urbano e especialmente os moldes están por todas partes. O rico patrimonio da cidade e o seu descuido fan de Porto […]

12.Mai.2010 El Tono e o MUAU

El Tono en acción na Coruña (2010) E outra vez me entero por un blogue de Nova York de algo que pasa a menos de 100 Km da miña casa. En Vandalog fanse eco do artista francés residente en Madrid El Tono, un dos que exporá o seu traballo no MUAU da Coruña (evento que […]

Comentarios desactivados en El Tono e o MUAU

14.Xan.2010 Non deixedes de mirar as paredes (II)

Máis unha nova entrega desas fotos que traen os meus amigos das súas viaxes. Porque xa sabedes que os meus amigos acórdanse de min cando vén algo pintado ou pegado nas paredes. No 2008 Pablo e Vir foron a Chicago (EUA) a unha voda e do parque Lincoln trouxéronme este sinxelo molde dun cartoon con […]

26.Dec.2009 O último en Santiago de Compostela

A hora do té, asinado por “eu” (nunha calexa na Fonte de Santo Antonio) Xa leva varios e meses e tamén fai algún tempo que lle tirei a foto, a ver se a próxima vez non tarda tanto en chegar da rúa ó blogue. Colorista, surrealista e cotidiana, este graffiti está do lado do Bar […]