03.Mar.2012 Banksy sobre a publicidade

“A xente rise de ti todos os días. Entran na túa vida dando cornadas, tírante fotos cutres e despois desaparecen. Mírante de esguello desde elevados edificios e fante sentir pequeno. Desde autobuses fan comentarios frívolos que implican que non es sexy dabondo e que toda a diversión está noutro sitio. Están na TV facendo sentir á túa moza que non está á altura. Teñen acceso á tecnoloxía máis sofisticada que endexamáis se viu no mundo e acósante con ela. Eles son “Os Anunciantes” e fan risa de ti.

Sen embargo, tes prohibido tocalos. Marcas comerciais, dereitos de propiedade intelectual e leis de copyright significan que os anunciantes poden dicir o que lles pete e onde lles pete con total impunidade.

Que os fodan. Calquera anuncio nun espazo público que non che dea a opción de velo ou non é teu. É teu para collelo, re-ordenalo e re-usalo. Podes facer calquera cousa que che guste con el. Pedir permiso é como preguntar se podes quedar cunha pedra que che acaban de tirar á cabeza.

Non lles debes nada ás empresas. Menos que nada, especialmente non lles debes ningunha xentileza. Elas débente a ti. Elas re-ordenaron o mundo para porse enfronte túa. Nunca che pediron permiso, así que nin se che ocorra empezar a pedirllo a elas.” (Banksy)

(vía: Modesto)

Comment Pages

There are 3 Comments to "Banksy sobre a publicidade"