scqstreetart Vandalismo? Pintadas? Arte? Divertimento?
Categorías: Outros

O outro día o administrador de blogaliza (o servizo de blogues de balde onde se aloxa SCQ Street Art) deixaba un comentario non que ligaba con Google Maps a esta parede que vedes na imaxe, na Rúa da Quintela (Vigo).

A verdade que os gatos parécense bastante ós que fixo Sam 3 en Porto e en Santiago de Compostela, así que directamente pregunteille se os fixera na viaxe de verán.

E isto foi o que me respondeu Sam 3:

no estuve en vigo este verano…
me temo que mis gatos estan peor dibujados, :)
ciao

Así que hai que seguir buscando dono para estes gatiños. Alguén sabe algo?

Etiquetas:
Categorías: Outros

Fai un par de semanas foi o meu cumpreanos e os meus amigos viaxeiros regaláronme este xenial libro.

The Street Art Stencil Book é un mostra de moldes creados ex professo para o libro por algúns dos artistas máis famosos do mundo do street-art (Aiko, Alexandre Orion, Btoy, Bandit, Ben Frost, Blek Le Rat, Borf, C215, D*face, Eelus, Eine, Hush, Jef Aérosol, Logan Hicks, M-City, Mantis, Nick Walker, Paul Insect, Pure Evil e XOOOOX). O que fai diferente e especial este libro respecto de outros da mesma temática é que este inclúe reproducións recortadas con láser dos moldes cos que se fixeron os orixinais (incluso podes retiralos de forma sinxela do libro e probar a facelos ti mesmo).

Un libro moi recoméndabel, tanto polo arte que contén como a particular edición.

Detalle do interior (imaxe do blogue Stencil History X)

Título: The Street Art Stencil Book (Curated by On Studio)
Editorial: Laurence King Publishing Ltd
Idioma: Inglés
Encadernación: Paperback
Formato: 25,3 x 24,8 cm
Páxinas: 90

Etiquetas:
Categorías: Amigos de viaxe

O popular molde ca frase de Roberto Galán na Avenida Buenos Aires (Santa Cruz de Tenerife, España)

Sei que está sección chámase «Amigos de viaxe», pero nela tamén hai sitio para xente que non está precisamente de viaxe, senon máis ben que pertencen a eses milleiros de galegos que teñen que emigrar para atopar traballo.

Nesta ocasión o compañeiro louBáM envíame estes moldes dende Santa Cruz de Tenerife e promete que en breve mandará máis e con mellor calidade. Aquí estaremos agardando.

Hay que besarse más’, Avenida Buenos Aires (Santa Cruz de Tenerife, España)

‘Sacudete los tyranos’, Avenida Buenos Aires, Santa Cruz de Tenerife (España)

Etiquetas:
Categorías: Moldes

Un dos moldes ca imaxe do poeta na Praza da Princesa, Vigo (foto de Sonia Daponte para Xornal de Galicia)

A principio de mes apareceron varios moldes como o que vedes na imaxe por todo Vigo.

Os stencils están feitos a partir dunha coñecida foto de Vari Caramés do poeta Lois Pereiro (1958 – 1996) e que o próximo ano será homenaxeado no Día das Letras Galegas.

En Xornal podedes ver imaxes do molde en Praza da Princesa, Calexa de Núñez ou entre Lepanto e Irmandiños.

Se atopades algún máis non dubidedes en tirarlle unha foto e enviarma a ifrit (a) sonche.eu Gracias!

Vía: Retweet de sihomesi de autonauta

Etiquetas:
Categorías: Fóra das rúas, Outros


Cartaz da exposición de Liqen en Porto.

O día 6 de novembro, ás 16:00, inaugúrase na galería ArtHobler de Porto (R/ Miguel Bombarda, 624 Non ten perda, que está a menos de 10 minutos andando de onde che deixa o Alsa), con petiscos e todo, unha exposición de Liqen, na que amosará o seu traballo do último ano.

Acostumados ao ver na estratosfera, pegado aos muros e paredes de qualquer civilização…, Liqen, um simbionte doutra galáxia, brinda-nos, por vez primeira, a posibilidade de contemplar a obra creada na sua nave-estúdio.

Nesta ocasião, Liqen, fabrica cos seus flagelos pezas reinadas pela inspiração, coma um pião que ao girar partilha os seus universos cíclicos, a sua relatividade, os seus influxos, e que em contadas ocasiões aterram na loucura… adivinhando sobre as manchas e acertando na alquimia, quando essas manchas convertem-se em debuxo, com uma linha incisiva e transformadora.

Uma ciência fricção, homeopática, capaz de embalsamar o tempo…

A convocatoria no blogue de DesOrdes Creativos.

(Vía: o Twitter de Mutante Creativo)

Etiquetas:
Categorías: Colados, Outros


Stencils de códigos QR nas taquillas da filmotéca de Madrid

Onde outros ven problemas, plaxio e falta de ética a xente de El cosmonauta (un filme Creative Commons financiado co sistema do crow-founding e que está a cuestionar a actual forma de facer cinema) ve unha oportunidade.

Coido que a discusión de se as pintadas son arte ou só vandalismo veñen dende que comezamos a pintar nas covas. Ademáis neste caso a xente de El cosmonauta teñen pouco que ver, pois os stencils son obra dun grupo anónimo de graffiteiros.

No seu blogue podedes saber máis desta historia sobre códigos en stencils que levan a páxinas web, realidade aumentada, activismo, entrevistas e como rematou formando parte da Banksy Urban Experience (organizada por Avalon) e que promociona o filme Exit Through The Gift Shop, do propio Banksy.

O vídeo ca entrevista e as imaxes dentro do artigo. Read more »

Etiquetas:
Categorías: Sen clasificar


As sombras de Sam 3 na «medianera» na rotonda entre Romero Donallo e Rosalía de Castro (Santiago)

O prometido é debido, así que aquí tedes as sombras que Sam 3 realizou nos restos deste edificio nun dos lugares máis concorridos do Ensanche, na entrada do Campus Vida.

E dentro a galería completa e con detalles. Read more »

Etiquetas:
Categorías: Outros

RJ, do blogue Vandalog, recomendaba Street Art. The Graffiti Revolution como un dos mellores libros sobre o street art. E os menos de 11 ouros que custa paréceme un bo prezo para o que de momento parece un libro ben completo.

O street art é un fenómeno global, unha das máis populares e ampliamente discutidas áreas da creación artística na escena actual. Levando máis aló a tradición do graffiti da década de 1980 chegou agora ó público xeral através do traballo de artistas como Banksy e Futura 2000, a ser o tema dos libros máis vendidos e a liderar os prezos máis altos nas poxas.
Seguíndolle a pista á esta revolución visual, dende as pinturas nas covas ata a efervescente arte que aparece hoxe nos muros de Londres, Los Angeles, Madrid e São Paolo (sic), a incisiva e entretida listaxe de Cedar Lewisohn está ilustrada de forma soberbia con máis de 120 fotografías a cor de street art de todo o mundo. Cun prólogo do lendario xenio do graffiti de Nova York Henry Chalfant, inclue entrevistas con sobresaintes defensores do street art das tres últimas décadas, levando ó lector detrás das súas ‘tags’ para atopar as a miudo misteriosas figuras que están trasformando cidades arredor do mundo. Entre os artistas destacados inclúense Lady Pink, Lee Quinones, Blek le Rat, Miss Van, Barry McGee (Twist), Shepard Fairey (Obey), Futura 2000, Malcolm McLaren e Os Gêmeos.

Un libro cheo de textos interesantes e imaxes xeniais.

Título: Street Art. The Graffit Revolution
Editorial: Tate Publishing
Idioma: Inglés
Encadernación: Paperback
Formato: 27’18 x 21’34 cm
Páxinas: 160
Papel: couche

Etiquetas:
Categorías: Outros


O «Temple» de Faile na portada do issue II

A semana pasada chegou o novo número de The Art Street Journal (tasj). Desta volta, en vez de recoller o que pasou ultimamente no mundo do street-art céntrase máis no que hai detrás e nos arredores (de aí o título de Backstage: Part I)

Este número inclue entrevistas realmente interesantes con: Jacob Samuel (maestro impresor e fundador de Edition Jacob Samuel), Martyn Reed (fundador do Nuart Festival), Sonja Teri (empresaria de medios de comunicación e dona da galería on-line Poster Child Prints), Mark Jenkins (artista e comisario invitado de Les Grandes Traversées Interactive Design/ Art Festival), Stefan Simchowitz (creador de Portugal Arte), Marc e Sara Schiller (creadores do blogue Wooster Collective e co-autores do libro Trespass. A history of Uncommissioned Urban Art), Angelo Milano (fundador do Fame Festival) e Rae McGrath (dono da Brooklynite Gallery)
Ademáis de un calendario de exposicións, un repaso ás últimas poxas, revistas, libros, miscelánea…

Moi inspirador para xente que coma min, que non teñen ningún tipo de habilidade artística, pero gustan do street-art.

E é de balde!

Etiquetas:
Categorías: Graffitis


A casa dos contos de Nana e Sokram (Ordes, A Coruña) Foto do blogue DesOrdes Creativas

Na listaxe do outro día faltaban dous murais: un de Nana e Sokram e outro de Potaje & Jul. Xa os podedes ver en detalle no blogue de DesOrdes.

(Vía: o Twitter de Mutante Creativo)

Etiquetas:
Olark Livehelp